Thursday 09 de May de 2024

Últimas prazas para o obradoiro de apoio ás familias na educación de menores de 10 anos


O Concello de Oleiros organiza unha nova edición do Obradoiro Educa bonito, dirixido a familias con fillos e fillas entre 0 e 10 anos de idade. Todas aquelas familias interesadas en apuntarse poden facelo a través do s.sociais@oleiros.org ou chamando ao 981610000.

O obradoiro é gratuíto e será impartido por María Soto, docente con ampla experiencia en disciplina positiva, que desenvolveu unha metodoloxía propia que fomenta esta forma de crianza; autora de dous libros sobre esta temática “Educa Bonito” e “Confianza cien, expectativa cero”, participou en numerosos encontros sobre educación e crianza e imparte formacións por toda España.

O reforzo do apego entre as familias e os seus fillos e fillas é fundamental para que poidan medrar con autonomía e seguridade, xerando un vínculo baseado na confianza mutua e que contribúa ao mellor desenvolvemento emocional posible, garantindo un crecemento axeitado, unhas relacións de respecto e unha comunicación respectuosa.

Este obradoiro vaise desenvolver en Casa Etcheverry, en Perillo, nunha sesión intensiva o sábado 7 de outubro e en 4 sesións posteriores de 2 horas, de 18:00 a 20:00 h, os días 16, 18, 23 e 25 de outubro.